Impartimos clases de guitarra (eléctrica ou acústica), ukelele, mandolina, dobro, lap steel e baixo, para estudantes de todas as idades e niveis. Nunca é tarde para aprender a tocar un instrumento!
Nivel Inicio:
- Partes principais do instrumento, e como sostelo cunha postura correcta.
- Aprender as notas nas codas e como afinar o instrumento
- Acordes básicos e practicar a súa dixitación.
- Técnica do rasgueo básica e padróns rítmicos básicos
- Ler tablaturas sinxelas
- Aprender algunhas cancións sinxelas para poñer en práctica o aprendido
Nivel Intermedio:
- Novos acordes e escalas
- Técnica do arpexo e padróns rítmicos avanzados
- Aprender a tocar solos e a improvisar
- Técnica dos bendings, vibratos e hammer-ons/pull-offs
- Teoría musical e como aplicala ao noso instrumento
- Experimentar con diferentes afinacións
- Aprender sobre o mantemento do instrumento para telo en óptimas condicións.
Nivel Avanzado:
- Técnicas avanzadas (fingerpicking, sweep picking, tapping, legato…)
- Desenvolver a habilidade de tocar diferentes estilos musicais, como jazz, blues, rock e metal
- Aprender a compoñer e arranxar música para a guitarra
- Desenvolver a habilidade de tocar con velocidade e precisión
- Aprender a usar un software de gravación como Logic Pro para gravar e producir cancións completas.
Horario:
De luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 hrs.
Duración:
Clases de 1 hora semanal. Poderase ampliar a máis horas se a/o alumn@ necesita máis horas semanales e o seu tempo de práctica llo permite.
Clases bilingües (galego-inglés / castelan-inglés)
Instrumento:
Se o alumna/o o desexa, a clase de instrumento poderá ser impartida en inglés ao tempo que se estuda o instrumento.
Cantar e tocar:
Tocar un instrumento e cantar ao mesmo tempo non é tarefa doada para todos. Traballaremos paso a paso o sincronizar ambos instrumentos. Manter un bo tempo, ritmo e a habilidade de combinar duas accións ao mesmo tempo chegará coa práctica e dedicación.
Audio, vídeo, deseño e produción dixital:
Aprende a deseñar o teu sitio web ou a gravar e editar os teus propios vídeos e temas musicais