Aquí vai a miña interpretación da obra mestra de Ry Cooder, “Paris, Texas“, escrita para a banda sonora da película do mesmo nome dirixida por Win Wenders.
Basada en “Dark Was the Night, Cold Was the Ground” de Blind Willie Johnson, as tonalidades envolventes e a atmósfera inquietante desta melodía fascináronme dende cativo, e espertaron en min a paixón pola guitarra slide.
Espero que vos guste!