Alfonso Aydillo
Multinstrumentista de formación autodidacta, levo tres décadas de experiencia dedicadas ao aprendizaxe e perfeccionamiento de guitarra, arpa, mandolina, lap steel, dobro e ukelele.
Teño colaborado con artistas de linguaxes tan diversas coma o rock sureño da banda de MCarballo ou o folk fusión de Cristina Pato.
Apaixóname a música de Dire Straits/Mark Knopfler, Eric Clapton, Bob Dylan, ainda que o certo é que desfruto de case todos os estilos musicais.
Especialízome en xéneros modernos coma o blues, o rock, o pop-rock, e outros máis tradicionais coma o folk, o bluegrass, ou o country.
Actualmente son guitarrista na MCarballo Band e no dúo Blues Sessions.
Teño ademais unha ampla experiencia en traballos de deseño gráfico para outros artistas, incluíndo portadas para proxectos discográficos, edición de vídeos promocionais e musicais, e deseño e mantemento de newsletters e páxinas web, como cristinapato.com ou xanpadron.com. Bótalle un ollo ao meu portfolio.